ALCER PRESENTA A CAMPAÑA “ESCOITA AOS TEUS RILES” EN MARINEDA CITY CORUÑA E EN MÁIS DE 40 CIDADES ESPAÑOLAS
O próximo, xoves, 9 de maio, no centro comercial MARINEDA CITY, ALCER Coruña instalará unha mesa informativa para dar a coñecer a campaña, que ten como obxectivo concienciar acerca da importancia da prevención e o diagnóstico precoz da Enfermidade Renal Crónica (ERC).
Máis de 40 cidades súmanse a esta iniciativa que ten como obxectivo concienciar á sociedade sobre a ERC, unha enfermidade crónica e infradiagnosticada que afecta ao 10% da poboación española.
Yhadira (participante coruñesa no programa La Voz de Tele 5), Aurora Beltrán, David de María, Ainhoa Arbizuou Manolo Lama son algúns dos rostros coñecidos que xa se quixeron sumar á campaña “Escoita aos teus riles”.
 
Máis de 40 centros comerciais de toda a xeografía española acollerán o próximo 9 de maio da man de ALCER, a campaña “Escoita os teus riles” Unha iniciativa que se puxo en marcha a nivel estatal o pasado mes de marzo, en colaboración con Abbvie, co obxectivo de dar a coñecer a Enfermidade Renal Crónica (ERC) e concienciar á sociedade acerca da importancia da prevención e detección precoz da mesma. ALCER Coruña, realizará no Centro Comercial MARINEDA CITY as seguintes actividades:
12:00. Rolda de prensa, coa presenza da Directora de Marketing de Marineda City, Sara Castellanos e o Presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez
10:00 a 20:00. Mesa informativa na que se repartirán folletos informativos e adhesivos con forma de ril con datos relevantes da ERC. Ademais, cuns orixinais auriculares poderanse escoitar as mensaxes de apoio que Aurora Beltrán, David de María, Ainhoa Arbizuou Manolo Lama, fixeron chegar aos pacientes sumándose así á campaña.
18.30. A cantante coruñesa, Yhadira realizará unha actuación á que están invitados todos os asistentes
 
Aurora Beltrán, ex compoñente do grupo musical Tahures Zurdos e paciente diagnosticada en 2005, amadriña a campaña “Escoita aos teus riles”, pondo voz á enfermidade a través da súa canción “Invicta”. Un tema composto para dar a coñecer como vive unha persoa con ERC. O cantante David de María tamén quixo unirse á campaña, e nos próximos meses outros rostros coñecidos lles apoiarán no seu compromiso para concienciar á sociedade do importante que é Escoitar aos nosos riles! É importante levar a cabo este tipo de iniciativas e concienciar á sociedade sobre a ERC e a importancia do seu diagnóstico precoz para atrasar a súa progresión e evitar a aparición de enfermidades asociadas, sinala Rafael Rodríguez, Presidente de ALCER Coruña. Máis de 200.000 persoas convivimos en España con esta enfermidade, por iso animamos a todos os cidadáns de Coruña a que o próximo 9 de maio visiten nosa mesa informativa no Centro Comercial MARINEDA CITY.
Para máis información:
 
ALCER CORUÑA
info@alcercoruna.org
www.alcercoruna.org
Delegación de Ferrol
Rafael Rodríguez Martínez
 José Vicente Seoane Rey
670 34 35 16
682 10 16 06
Presidente
Vocal
Delegación da Coruña
Carlos Canedo Catoira
Francisco Encinar Fernández
669 85 67 17
696 66 69 71
Vicepresidente
Secretario
Delegación de Santiago
Clara de Saá Quintás
Manoel Bello
656 98 90 65
605 79 23 22
Vocal
Vocal
Persoal  técnico
Lola Díaz Rodríguez
Mar Laya Agra
Jorge García Rubio
670 33 90 66
670 34 39 49
676 80 14 75
Coordinadora
Servicios Sociais
Actividade Física e Saude
 
 
A Enfermidade Renal Crónica (ERC) A enfermidade renal crónica (ERC) é unha patoloxía na que os riles son menos eficaces para eliminar toxinas do torrente sanguíneo e excretar hormonas importantes para unha función sanguínea e ósea saudable. Hai cinco fases de diminución da función renal. A fase máis grave (estadio 5) representa a insuficiencia renal. Estímase que a ERC afecta ao 10% da poboación e son pacientes que ademais presentan un risco elevado de complicacións cardiovasculares. Sobre ALCER ALCER (Asociación de Loita Contra as Enfermidades Renais) é unha organización sen ánimo de lucro creada no ano 1976. Convértese en Federación de Asociacións no ano 1981 e en 1984 é declarada de Utilidade Pública. Na actualidade conta con 50 asociacións federadas, practicamente una por provincia española e conta en total con máis de 19.000 socios. Representa a un colectivo de máis de 200.000 pacientes en tratamento, deles uns 25.000 transplantados e ao redor de 24.000 en diálises. Aínda así se calcula que aproximadamente 4 millóns de españois poderían ter unha afectación renal e máis de 2 millóns unha enfermidade renal crónica. Na actualidade a Federación Nacional ALCER ostenta a presidencia da Alianza Xeral de Pacientes, é membro da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE). É tamén membro do Grupo de Ética Asistencial da Sociedade Española de Nefroloxía e do Grupo de Apoio ao Desenvolvemento da Diálise Peritoneal en España (GADDPE).

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Empregamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Podes obter máis información ou ben coñecer como cambiar a configuración na nosa política de cookies.   
Privacidad