A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS COS REPRESENTANTES DE 24 ENTIDADES POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 175.900 EUROS

Asociacións vencelladas ás áreas de Promoción Social e Educativa e Participación Cidadá contarán un ano máis coa colaboración económica do Consistorio naronés.

naron

Narón, 17 de outubro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá no Concello un total de vinte e catro convenios con outras tantas entidades vencelladas ás áreas de Promoción Social e Educativa e Participación Cidadá. Asistiron tamén ao acto as concelleiras de Acción Social, Catalina García, e Promoción Social, Teresa Sabio, e o edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico. O importe conxunto dos acordos rubricados hoxe supón ás arcas locais o desembolso dun total de 175.900 euros.

 

En representación das entidades asinaron os convenios os seus presidentes, sendo nesta ocasión as beneficiarias a Asociación Ferrolana de Drogodependencia; a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista; a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais; a AVV Chafarís; a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade; a Asociación Patronato Concepción Arenal; Cruz Vermella Española (delegación de Ferrol); Asociación Dignidad Galicia; Asociación Síndrome de Down Teima; Fundación Terra de Trasancos; Fundación Santo Hospital de Caridade; Asociación Ledicia Cativa; Solidariedade Galega co Pobo Saharaui; AVV Virxe de Fátima; Centro de Recursos Solidarios de Narón; Asociación Nuestra Señora de Chamorro; Asociación ASCM; Asociación de Persoas Xordas de Ferrol; Parkinson Ferrol, Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril; Asociación Saúde Mental Ferrol; Bbtta Narón; Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias Neurodexenerativas e a Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía.

 

A alcaldesa de Narón agradeceu o “necesario traballo” que se realiza desde as entidades coas que se asinaron os convenios “con veciñas e veciños de Narón pero tamén doutros municipios da comarca”. Ferreiro destacou “o labor que día a día realizades nas vosas respectivas áreas, fundamental para contribuír ao benestar da cidadanía”. Ademais, a rexedora naronesa subliñou que desde o goberno local “continuaremos apoiando a todas aquelas entidades que traballen coa veciñanza, ofrecéndolle servizos e actividades que pola súa situación particular precisen en calquera momento e dos que dispoñen grazas ao amplo e diversificado tecido asociativo co que contamos en Narón e no resto de concellos da comarca”.

 

Fontes é maís info:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analítica e navegación. Podes obtener máis información ou coñecer como cambiar a configuración na nosa Política de Cookies POLÍTICA DE COOKIES.

ACEPTAR

Aviso de cookies