ALCER CORUÑA XANTAR DE NADAL E XORNADA SOBRE ENFERMEDADE RENAL ADEMAIS DA ASEMBLEA ANUAL DE SOCIOS




Estimado/a socio/a
Todos os anos por estas datas celebramos o noso xantar de Nadal. Este ano queremos aproveitar esta xornada festiva,  para celebrar unha Xornada sobre Enfermidade Renal, ademais da asemblea anual de socios. O evento terá lugar o día 14 de decembro no Restaurante Royal Palace de Oleiros.

          11:00 1ª Convocatoria Asemblea de socios
          11:30 2ª Convocatoria Asemblea de socios
          12:30 Xornadas sobre Enfermidade Renal
o   12:30 Ponente. María Cortabitarte (Directora de Oficina de Empleo Ferrol-Centro)
o   13:00 Ponencia “Hemodiálise: Mais que un tratamento” Eva Vázquez (Supervisora Unidade de Hemodiálise H.San Rafael)
o  13:30 Ponente. Dr. Francisco Valdés (Xefe de Nefroloxía CHUAC)
          14:00 Homenaxe ó Dr. Francisco Valdés.
          14:30 Xantar de Nadal

Todos/as aqueles que queiran asistir poderán reservar chamando a calquera dos teléfonos indicados mais abaixo. Rógase chamen antes do martes 9 de decembro ás 13:00 horas, para unha mellor organización. Se algunha persoa tivese dificultades especiais para asistir á xornada por calquera motivo, por favor, póñase en contacto con Alcer nos teléfonos indicados e procuraremos darlle a mellor solución posíbel.

O prezo do xantar é de 20€ por persoa.
(Se alguén precisa un cambio no menú rogamos o comunique ao confirmar a asistencia para solicitar alternativa)

 MENÚ
Primeiro
Entrantes variados

Segundo (elexir un)
Rape á plancha con verduras e patacas ó vapor
ou
Xarrete asado con guarnición

Tarta e xeado

Viño
Refrescos e Augas minerais
Cafés e Licores
Sobremesa amenizada
 *Rogamos indiquen a eleción do segundo prato

ACCESO AO RESTAURANTE ROYAL PALACE
As instalacións do Restaurante Royal Palace contan con aparcadoiro gratuíto.
Royal Palace
Avenida das Mariñas, nº 110 – Tlf.: 981 61 13 30
15176 Oleiros  (A Coruña)
Coordenadas: Latitud: 43.324618  Longitud:-8.325141)
Reservas:
Oficina Ferrol: 881 93 72 35
Oficina Coruña: 676 80 14 73                                
Oficina Santiago de Compostela: 698 10 05 02
Alcer Coruña
Outras novas de interese:
          Temos á venda a lotería de Nadal.

     

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Empregamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Podes obter máis información ou ben coñecer como cambiar a configuración na nosa política de cookies.   
Privacidad