IV Torneo Solidario de Golf

15 Xullo 2016. O IV torneo solidario de golf pola Federacion Alcer Galicia & Vento Celta Viajes rematou este ano con 152 participantes e 65 asistentes ao Clinic solidario.

O venres día 15 ás 10:00 tivo lugar a presentación do IV torneo solidario de golf F. Alcer Galicia-Vento Celta no hotel Hesperia Finisterre da Coruña, que foi presentado polo comité organizador do torneo formado por Juan Pedro Luz Catalan director-xerente de Vento Celta Viaxes e Carlos Iglesias Souto vocal de Alcer Galicia, os cales estiveron acompañados polo xerente do campo de golf de Miño Gerardo Mosquera e por Rafael Rodríguez presidente da Federación Alcer Galicia, torneo que este ano se celebrará o 22 e 23 de Xullo no campo de golf de Miño, A Coruña

Durante o acto foise debullando a organización dos anos anteriores onde o que comezou como unha aposta case persoal, está a converterse nunha actividade totalmente consolidada no mundo do golf coruñes a nivel provincial.
O que distingue a este torneo é a parte solidaria que Alcer organiza e que consiste nun clinic ou bautismo de golf onde dous profesionais imparten unhas nocións básicas de golf, cuxo obxectivo é achegar os beneficios deste deporte aos enfermos renais, enfermos crónicos e os seus familiares, confírmase que o clinic impártese o dia 23 a partir das 16:30 por un espazo de mais ou menos 3 horas.
Para este ano o comité organizador prevee unha participación de 150 participantes no torneo de golf, 70 participantes no clinic e xa confirmadas 40 empresas patrocinadoras, ás que os organizadores agradeceron a súa participación e que sen o seu apoio esta actividade non podería levar a cabo.
Como novidade cabe destacar que o torneo deste ano dá os seus primeiros pasos no ámbito autonómico ao levar o nome da recentemente creada Federación Alcer Galicia e que os organizadores buscan que se dean as condicións para poder realizar un pequeno circuíto galego que poida representar aos distintos Alcer provinciais da comunidade galega, condicións que buscaron pero que ata agora non se deron, o cal non é impedimento para ceder no empeño de seguir tentándoo para o ano que vén.
O comité organizador desexo o mellor aos participantes deste acto solidario e convidou a participar no clinic a todo aquel que o desexe, poñéndose en contacto con Alcer Coruña/Galicia, Vento Celta Viaxes ou no propio campo de golf de Miño, a través dos seus paginas web ou redes sociais.

Golf01Golf02

Golf05

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analítica e navegación. Podes obtener máis información ou coñecer como cambiar a configuración na nosa Política de Cookies POLÍTICA DE COOKIES.

ACEPTAR

Aviso de cookies