No día Mundial do Ril, Rafael Rodríguez, presidente de ALCER Coruña

“É necesario por en marcha unha Estratexia da enfermidade renal crónica e instaurala en Galiza e España para unha verdadeira prevención”
A Coruña, 11 de Marzo de 2015..- Tralo lema “Saúde Renal para todos”, a Federación Nacional de Asociacións para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER) e Alcer Coruña xunto coa colaboración da compañía biofarmacéutica AbbVie, entre outras, celebra o Día Mundial do Ril para concienciar á poboación sobre os factores de risco da ERC e a importancia de previla mediante un diagnóstico precoz e un control da función renal, xa que nos atopamos ante unha enfermidade silenciosa que non da a cara ata atoparse en estadios moi avanzados.
A ERC prodúcese cando hai unha anomalía na función do ril que se manifesta a través dos marcadores de dano renal. As causas que o producen poden ser diversas, pero as máis frecuente son a diabetes, a hipertensión ou as alteracións vasculares.

Na actualidade, o 10% da poboación española adulta ten ERC e en determinados grupos de pacientes con Hipertensión arterias (HTA) ou diabetes mellitus(DM) a prevalencia pode acadar ata o 35-40%. A ERC mantén en diálise a uns 25.000 pacientes e aproximadamente o mesmo número cun transplante renal funcionante. No caso de Galicia, o SERGAS recolle que no 2014 fixéronse 174 transplantes e a lista de espera descende a 314 pacientes.
Co motivo de Día Mundial do Ril, ALCER desenvolve a campaña “Saúde Renal para todos” a través da colaboración de 51 entidades federadas que activarán 102 puntos informativos ó longo do territorio español grazas á participación de máis de 400 voluntarios.

O deporte e a actividade física de forma regular desempeñan un papel importante na prevención e mellora da ERC, polo que é o tema elixido como eixe condutor na celebración do Día Mundial do ril 2015, no que diversas figuras do deporte tiveron gran participación.
Personalidades do deporte como Javier Gómez Noya, catro veces campión do mundo e medallista olímpico,  xogadores do Real Club Deportivo da Coruña e do Río Natura Monbus Obradoiro quixeron respaldar esta campaña prestando a súa imaxe nun vídeo que resume as principais recomendacións para a prevención da ERC.

Pola nosa parte, as actividades que levaremos a cabo o día 12 de marzo son:

•             Mesas informativas (17:00-20:00h)
o   Ferrol: Centro comercial Parque Ferrol
o   Santiago: Praza do Toural.
•             Mesas informativas en Hospitais (10:00-13:00h)
o   Ferrol: CHUF(Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol)
o   Santiago: CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago)
o   A Coruña: CHUAC ( Complexo Hospitalario Universitario da Coruña)
           Outros eventos

o   Basketmi Ferrol ( 14 de marzo as 17:30h)
o   Club Náutico Boiro Voleybol-Mundet (14 de marzo as 19:00h)
o   Obradoiro –Ucam Murcia (14 de Murcia as 20:00)
o   Mesas informativas en diferentes eventos deportivos o longo do meses de marzo e abril.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Empregamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Podes obter máis información ou ben coñecer como cambiar a configuración na nosa política de cookies.   
Privacidad