NÓS

Nós

 

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, nace no ano 1976, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e dos seus familiares. En Alcer ofrecemos unha serie de servizos ás persoas con enfermidade renal e as súas familias, dando resposta ás demandas e necesidades que teñen as persoas que padecen algún tipo de patoloxía crónica. Ademais, desenvolvemos unha serie de actividades que teñen como obxectivo a sensibilización da sociedade en relación á doazón e o transplante de órganos, conseguindo deste xeito, ata día de hoxe, case 30.000 carnets de donantes. Alcer está formado por un grupo de profesionais, colaboradores e voluntarios que comparten os principios da entidade, e que traballan para contribuir á consecución dos obxectivos da asociación.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analítica e navegación. Podes obtener máis información ou coñecer como cambiar a configuración na nosa Política de Cookies POLÍTICA DE COOKIES.

ACEPTAR

Aviso de cookies