Durante este ano desenvolvimos o programa denominado Atención Social e Asesoramento Especializado II, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidade renal crónica (ERC). Neste programa, participaron cerca de 400 persoas de toda a provincia da Coruña, un 25 % mais do estimado a principios de ano, xa que o aumento da enfermidade renal continúa en aumento ano tras ano. Tendo atención presencial en Ferrol, Coruña e Santiago de Compostela. O programa ofreceulle ás persoas usuarias intervención social individualizada, fomento da súa autonomía persoal, así como da súa participación social. O Programa contou con 1 traballadora social e 1 terapeuta ocupacional e se cofinaciaron a través da Xunta de Galicia cos dos fondos que proceden da convocatoria de subvencións que lle chegan do 0,7% do IRPF, a cal é xestionada desde COGAMI, daquelas persoas contribuíntes que marcaron o recadro “Actividades de interese xeral consideradas de interese social” cando presentaron a súa Declaración da Renda. #COGAMI