Prezados/as compañeiros/as e veciños/as de Culleredo:

Como vos vimos anunciando, temos todo un programa de actos polo 8 de marzo, data que serve como homenaxe a todas as mulleres que loitaron porque hoxe teñamos unha serie de dereitos e data reivindicativa na que seguir demandando a igualdade de xénero en todos os eidos e eliminando todas as discriminacións existentes na actualidade hacia as mulleres polo feito de ser mulleres.

Ademais da Cea de Mulleres, queremos convidarvos este vindeiro día 8, as 20.00hs, á presentación do libro Memorias dunha Republicana.

A vida dunha muller que sufriu a represión polas súas ideas e por rachar cos estereotipos preestablecidos. Unha muller loitadora que nunca se rendiu, aínda nas circunstancias máis adversas… Teresa Alvajar Lopez , filla pequena de Amparo Lopez Jean activista galeguista cullerdense.Unha biografía atravesada pola represión que agromou co golpe militar de 1936 do cal foron víctimas todos e cada un dos membros da súa familia.

Memorias escritas pola propia Mª Teresa á idade de 88 anos que lembra veciñas/os, nenas e nenos cos que compartiu xogos de infancia, a etapa de adolescencia, as amizades que procurou e coas que compartiu inquedanzas e tempos de lecer en diferentes cidades nas que lle tocou vivir fuxindo tras o alzamento militar e durante a guerra e o franquismo.

Son moitas as novelas, ensaios recopilatorios, biografías de personaxes que foron represaliados. Pero se esquecen de que elas tamén estiveron aí, tamén sufriron represión, non só foron meras acompañantes ou cómplices das súas parellas, dos pais, … senón que tamén participaron activamente, como suxetos activos.

Por iso, hai que agradecerlle a autora, a filóloga e envestigadora Aurora Marco, esta tarefa de investigación e difusión desas voces femininas que estaban silenciadas.

Rematamos pois, suxeríndovos a lectura deste libro dunha muller que non vos vai deixar indiferentes. Unha muller que se caracteriza polo seu compromiso e paixón pola terra, como así reza o título do video realizado por Pablo Ces para as presentacións do libro.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Empregamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Podes obter máis información ou ben coñecer como cambiar a configuración na nosa política de cookies.   
Privacidad