Repartiranse folletos informativos no Pazo da Cultura, dentro da campaña “Temos mil historias que contar, faite donante”. Narón, 4 de Xuño de 2014.- Con motivo do Día do Donante de Órganos, a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER CORUÑA) presentou hoxe a campaña “Temos miles de historias que contar, faite donante” para concienciar á poboación sobre a necesidade de facerse donante en vida. Nesta campaña participan destacadas persoas relacionadas co mundo do teatro, como o dramaturgo naronés José Luis Prieto (dous veces gañador dun premio Max de Teatro), ou cantante e actor Carlos Mosquera ‘Mos’, que hoxe participaron na rolda de prensa celebrada en Narón.
Para concienciar á sociedade desta necesidade, ALCER realizará durante este fin de semana unha campaña mediante o reparto de folletos informativos nos teatros e centros culturais de Narón (Pazo da Cultura), A Coruña (Teatro Rosalía e Teatro Colón) e Santiago (Teatro Principal e Salón Teatro). Nesta iniciativa cóntase co apoio dos protagonistas das obras que se representarán nestes escenarios o fin de semana, coma este sábado no Pazo coa obra “Bye, bye Honey”, dirixa por José Luis Prieto e protagonizada entre outros por Carlos Mosquera ‘Mos’. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, expresou o seu apoio a esta campaña, subliñando que “todos debemos colaborar en salvar vidas, e por iso quero animar a tódolos veciños a que se fagan donantes de órganos”. O rexedor destacou a importancia desta colaboración posto que “unir o teatro coa doazón de órganos é unir esforzos, e deste xeito é como se pode chegar máis lonxe neste tema” asegurou. |