Culleredo e ASEM fixeron un ciclo formativo sobre vida independente

Culleredo e ASEM fixeron un ciclo formativo sobre vida independente


O Concello de Culleredo, consciente das necesidades que teñen os veciños en situación de dependencia, ademais das axudas que proporciona, desenvolve iniciativas que procuren unha mellora da súa calidade de vida. Entre elas atópase a programación de accións formativas que capaciten ás persoas encargadas dos coidados.

Así, a Concellaría de Sanidade que dirixe Penélope López, iniciou o primeiro ciclo formativo sociosanitario sobre vida independente. Organizouse en colaboración coa Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM), coa que o Concello de Culleredo ten asinado un convenio.

O ciclo, que comezou o venres 21 de xuño e continuo ata o mes de xaneiro de 2014, tivo como finalidade a de formar a profesionais, familiares e persoas en situación de dependencia sobre hábitos, axudas técnicas, ou recursos que melloren a autonomía das persoas e apoien á labor de coidado.

A iniciativa desenvolveuse no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), nas seguintes datas, horarios e contidos:

§  21 de Xuño ás 16:30: “Produtos de soporte de baixo custe en tempos de crise”.
§  20 de Setembro ás 16:30: “Hábitos posturais para a vida diaria: normas básicas”.
§  18 de Outubro ás 16:30: “As salas Snoezelen. Un mundo para a estimulación multisensorial”.
§  22 de Novembro ás 16:30: “Recursos TIC e novas tecnoloxías adaptadas ás persoas con discapacidade”.
§  13 de Decembro ás 16:30: “O deporte adaptado”.
§  17 de Xaneiro ás 16:30: “Terapia asistida con animais de compañía”.
O ciclo contou con persoal docente especializado que procede do ámbito da terapia ocupacional e da atención profesional á dependencia. Todo o persoal pertence ao voluntariado da Asociación Asem

Aquí posan o persoal de Alcer Coruña recibindo ou seus diplomas

Dende Alcer os nosos parabéns ao Concello de Culleredo así mesmo como a Concelleira de Sanidade Penelope López polo trato recibido no transcurso do ciclo

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Empregamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Podes obter máis información ou ben coñecer como cambiar a configuración na nosa política de cookies.   
Privacidad