10 de Marzo 2016. A Federación ALCER Galicia, e as entidades que a compoñen, celebramos o 10 de Marzo de 2016 o Día Mundial do Ril en Galicia.
O obxectivo deste día é sensibilizar á poboación sobre a prevención da Enfermidade Renal Crónica nos máis novos.
Hai poucos datos da incidencia da Enfermidade Renal Crónica (ERC) na idade pediátrica.
É importante coñecer que a infección urinaria en pediatría pode ser a primeira manifestación dunha anomalía estrutural e que as alteracións comprobadas dos ouriños (proteinuria, hematuria) necesitan un estudo da función renal, para isto é necesario realizar probas preventivas desde curtas idades en nenos/as.
A Federación ALCER Galicia, a través das entidades provinciais que a integran, realizou as seguintes acción na provincia da Coruña:
COLABORACIÓN CO R.C. DEPORTIVO DA CORUÑA:
Fotografías do persoal con pancarta “Doar órganos, é doar vida”, presenza no partido R.C. Deportivo-Málaga con videomarcadores e speakers co lema desta campaña, e xornada de sensibilización coa canteira do equipo. 4,5 e 7/03/2016
MESAS INFORMATIVAS:
Nos centros sanitarios de Ferrol; CHUF e Juan Cardona, Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, E CHUS, de 10:00h-14:00h 10/03/2016
Nos centros comerciais de Parque Ferrol e Corte Inglés de Ramón e Cajal de 17:00-21:00h 10/03/2013
EN COLABORACIÓN COA ESCOLA DE ENFERMARÍA:
Charla de sobre o Día Mundial do Ril. E participación do alumnado nas mesas informativas do CHUS facendo medicións de glicosa e tensión.
EN COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN NACIONAL:
Proxecto Salvavidas adaptado ao Día Mundial do Ril no CPR San Francisco Javier, Santiago de Compostela 16 e 17/03/2016
Iluminación da Torre de Hércules e foto da Torre co lema “Doar órganos é salvar vidas” 10/03/2016