Doazón e transplante
Qué che interesa saber?
A única alternativa que teñen moitas persoas para seguir vivindo é que outras doen parte do seu corpo. Decidir ser doador significa estar disposto a realizar un acto de altruísmo e solidariedade.
Os órganos que se poden doar son: os riles, o fígado, o páncreas, o corazón, os pulmóns e o intestino. Os tecidos que se poden doar son: as córneas, a pel, o óso e as cartilaxes e tendóns, os vasos sanguíneos (arterias e veas), as válvulas cardíacas, o sangue e os proxenitores hematopoéticos (da medula ósea, do sangue periférico e do sangue de cordón umbilical) e a membrana amniótica da placenta.
Si. Os doadores vivos son aqueles que don un órgano dobre, como o ril, unha parte do fígado, páncreas ou pulmón; ou un tecido, como o sangue, a medula ósea e o cordón umbilical.
O ril, a diferenza dos outros órganos (corazón, pulmóns, páncreas), pódese obter de doadores vivos e sans, porque temos dous e pódese vivir igual cun ril ca con dous riles. A extracción dun dos dous riles que posúe un ser humano, ten un risco moi baixo.
Para doar un órgano en vida hai que ser maior de idade e gozar de boa saúde física e mental. A lexislación española garante que se cumpran todos os dereitos tanto do doador como do receptor e que sexa volunta- ria, gratuíta e altruísta.
A maioría dos órganos e tecidos que se transplantan en España e en Europa proceden de persoas falecidas.
Todas as persoas que o desexen e nas cales se dean as circunstancias adecuadas poden ser doadores de órganos e tecidos. A priori, todas as persoas poden ser doadores no momento da morte; os equipos médicos avaliarán e decidirán se os órganos son aptos ou non para o transplante
Para poder ser doador de órganos hai que falecer nun hospital, habitualmente nunha unidade de coidados intensivos. É necesario que a morte sexa debida a lesións cerebrais irreversibles e que se cumpran os cri- terios legais de morte cerebral (os cales son moi estritos), ou ben por unha parada cardíaca non recupera- ble. Con estes requisitos, só poden ser doadores de órganos entre o 1 e o 2% de todos os falecidos nun hospital.
Ademais, non se debe padecer ningunha enfermidade transmisible. E naqueles casos de falecemento por causas non naturais (accidentes de tráfico, suicidios, agresións, etc.), é precisa unha autorización xudicial.
A morte é un feito único e irreversible ao que se pode chegar de dous xeitos: por cesamento irreversible da función cardiorrespiratoria (corazón e pulmón) ou por cesamento irreversible da función cerebral (morte do cerebro).
A morte cerebral á un diagnóstico de falecemento médico e legalmente recoñecido que se produce cando se detén a circulación sanguínea do cerebro durante un período extenso de tempo. A declaración de morte cerebral ten que ser ditaminada por tres médicos diferentes que examinan ó paciente por separado.
A lexislación española establece que todo cidadán que en vida non manifestase a súa oposición á doazón de órganos e tecidos será doador no momento do seu falecemento se fose válido para iso. A isto chámase- lle “consentimento presunto”. Non obstante, a práctica habitual en España obedece a un consentimento informado; é dicir, solicitude formal da doazón á familia do falecido.
A familia non autoriza nin denega, senón que se supón que ten coñecemento da última vontade do falecido e pona de manifesto.
En xeral, aínda que o falecido posuíse o carné de doador, se a familia se opón, a doazón non se fará efecti- va, posto que o carné de doador non é un documento legal a diferenza das vontades anticipadas ou instru- cións previas.
Este é un tema transcendental, porque nalgunhas ocasións os familiares dos falecidos non teñen coñece- mento da opinión en vida deste sobre a doazón, e por este motivo teñen dificultades para tomar a decisión. O descoñecemento polos familiares do desexos do falecido sobre a doazón é o principal argumento das negativas familiares.
Se vostede cambia de opinión, rompa a tarxeta de doador e comuníquello á súa familia.
Si. Comente coa súa familia ou amigos que órganos e tecidos desexa doar e cales non, na seguridade de que se cumprirán os seus desexos.
É un documento que se solicita e formaliza en vida sen compromiso legal. A súa utilidade é expresar de maneira escrita o testemuño do desexo de doar. Non obstante, o máis importante é que a súa familia coñeza o seu desexo de ser doador, xa que os médicos sempre a van a consultar e poderán referendar kesa vontade de doazón expresada formalmente tempo atrás.
É un documento que se solicita e formaliza en vida sen compromiso legal. A súa utilidade é expresar de maneira escrita o testemuño do desexo de doar. Non obstante, o máis importante é que a súa familia coñeza o seu desexo de ser doador, xa que os médicos sempre a van a consultar e poderán referendar kesa vontade de doazón expresada formalmente tempo atrás.