Hoxe ábrese o prazo para a presentación da declaración da Renda 2022 e como contribuíntes debemos ter en conta marcar o X solidario de fins sociais.
Isto permite que permite que Alcer Coruña desenvolva o programa de Atención Social e Asesoramento Especializado II, favorecendo o acompañamento de 318 persoas con enfermidade renal de toda a provincia da Coruña, nos seus procesos de afrontamento, de toma de decisión e de fomento da autonomía persoal, contando con 1 traballadora social e 1 terapeuta ocupacional vencelladas a este programa. Este proxecto é posible co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda xestionados desde COGAMI.
Non esquezas marcar o teu X solidario!