Se tes que presentar a túa declaración da Renda 2023, non esquezas que como contribuíntes podes marcar o X solidario de fins sociais.

Isto permite que Alcer Coruña desenvolva o Programa de atención social, asesoramento e intervención especializada II, favorecendo o acompañamento de 160 persoas con enfermidade renal de toda a provincia da Coruña, nos seus procesos de afrontamento, de toma de decisión e de fomento da autonomía persoal, contando con 1 traballadora social e 1 terapeuta ocupacional vencelladas a este programa.

Este proxecto é posible co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda xestionados desde COGAMI.

Non esquezas marcar o teu X solidario!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *