
MARCA O X SOLIDARIO! Se tes que presentar a túa Declaración da Renda 2025, non esquezas que como contribuíntes podes marcar o X solidario de fins sociais .
Isto permite que Alcer Coruña desenvolva o “Programa de atención social, asesoramento e intervención II“, favorecendo o acompañamento de 200 persoas con enfermidade renal de toda a provincia da Coruña, nos seus procesos de afrontamento, de toma de decisión e de fomento da autonomía persoal, contando con 1 traballadora social e 1 terapeuta ocupacional vencelladas a este programa.
Este proxecto é posible co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda xestionados desde #COGAMI.
Non esquezas marcar o teu X solidario!
