- Se queres facerte socio só tes que cubrir este formulario.
- Se queres facerte doante só tes que cubrir este formulario.
De que xeito podes participar como voluntario? Podes participar en tres eixos diferentes:



A. Sensibilización. Actividades que teñen como obxectivo a sensibilización da doazón e transplante de órganos. Deste xeito, pretendemos promover nas persoas unha reflexión e posición individual como donantes de órganos, ademáis de lograr a normalización da doazón como un xesto natural e humano.
B. Formación. O obxectivo é obter as competencias necesarias para desenvolver as actividades de voluntariado especializado en promocionar a doazón e o transplante de órganos. Tanto para os nosos profesionais como para os voluntarios que teñan interese en dedicar unha parte do seu tempo a unha acción solidaria.
C. Coordinación. Fomento da aparición de motores de cambio social (persoas de referencia), así como a creación de novas redes que axuden a chegar a un maior número de persoas beneficiarias.
Se queres facerte voluntario só tes que cubrir este formulario.

Nós
A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, nace no ano 1976, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e dos seus familiares. En Alcer ofrecemos unha serie de servizos ás persoas con enfermidade renal e as súas familias, dando resposta ás demandas e necesidades que teñen as persoas que padecen algún tipo de patoloxía crónica. Ademais, desenvolvemos unha serie de actividades que teñen como obxectivo a sensibilización da sociedade en relación á doazón e o transplante de órganos, conseguindo deste xeito, ata día de hoxe, case 30.000 carnets de donantes. Alcer está formado por un grupo de profesionais, colaboradores e voluntarios que comparten os principios da entidade, e que traballan para contribuir á consecución dos obxectivos da asociación.
De que xeito podes participar como voluntario? Podes participar en tres eixos diferentes:


