Os días 27 e 28 de marzo, abertas a profesionais e á cidadanía en xeral, e con entrada libre. O Concelleiro de Sanidade de Narón, Manuel Ramos, e o médico do Centro de Saúde de Narón, Carlos Piñeiro, presentaron hoxe en rolda de prensa as I Xornadas de Promoción da Saúde “Por unha cultura do movemento en Galicia”. Trátase dun proxecto coordinado por Carlos Piñeiro e que servirá de antesala para poñer en marcha o Proxecto NCA (Narón Cidade Activa 2015-2020).
Estas xornadas baséanse na Guía de Implementación da Promoción da Actividade Física e Saúde, aprobada a principios do ano 2015 polo Ministerio de Sanidade. A través das mesmas, tratarase de crear un espazo de intercambio de experiencias relacionadas coa actividade física e a saúde, mediante un espazo de reflexión dirixido ós profesionais da saúde, da actividade física, educadores, corporacións locais, movemento asociativo e cidadanía en xeral. Se desenvolverán os días 27 e 28 de marzo no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, con entrada libre. Os obxectivos destas xornadas son os seguintes: -Coñecer as experiencias e programas que se están desenvolvendo nos distintos ámbitos (educativo, sanitario, social e comunitario) nos diferentes concellos. A organización destas xornadas corre a cargo do Concello de Narón, o Centro de Saúde de Narón, a Área Sanitaria de Ferrol, a Xunta de Galicia, o Centro de Formación e Recursos de Ferrol, o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia e a Dirección Xeral de Innovación e Saúde Pública. Ademáis, cóntase coa colaboración de: Ministerio de Sanidade e Consumo, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego, Escola de Fisioterapia de A Coruña, Area Sanitaria de Ferrol, ALCER Ferrol (Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril), AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón), Asociación de Diabéticos de Ferrolterra, e Asociación BBTTA. As Xornadas foron inauguradas este venres 27 de marzo ás 11:00 horas polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco. Contarase coa asistencia de Jorge Suanzes (subdirector xeral de Programas de fomento de Estilos de Vida Saudables da Xunta de Galicia), Manuel Corredoira (representante da Dirección Xeral de Educación da Xunta de Galicia), Xavier Rico (xerente da Fundación do Deporte Galego), Angel Facio (representante da Xerencia Integrada da Area Sanitaria de Ferrol), e Begoña Merino (Xefa da Área de Promoción da Saúde do Ministerio de Sanidade). |