Asfedro quintuplica a súa contía mentres ALCER, Dignidad ou Asociación Parkinson dobran as súas achegas, as que se incorporan dúas de nova creación: Agamme e Asotrame
O pleno ordinario de fin de mes aprobou definitivamente a ordenanza de Benestar Animal e, inicialmente, o regulamento de usos da Casa da Xuventude que aposta pola autoxestión e a dinamización da mocidade
Ferrol, 28 setembro.- O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Benestar Social, incrementou a achega económica de fondos públicos a seis entidades sociosanitarias do noso municipio que combaten activamente a exclusión social e avogan pola integración e a igualdade en capacidades e dereitos a través da modificación dos convenios nominativos do ano 2017.
Son ASDFEDRO, asociación histórica na nosa comarca que loita contra a drogadicción, Dignidad, Atención a persoas en risco de exclusión social, Alcer, a asociación para a loita contra as enfermidades do ril, Asociación Parkinson, que traballa por mellorar a calidade de vida dos afectados, Agamme, protección da infancia e adolescencia, e Asotrame, Asociación de transplantados de medula ósea.
No caso de Asfedro, a entidade quintuplica a súa achega municipal, de 3.000 a 15.000 euros. Tamén teñen dotación dúas entidades de nova creación que non teñen cobertura da rede sanitaria autonómica, como Asotrame e Agamme, que percibirán 2.000 euros; no caso de Alcer e a Asociación Parkinson, dobran a súa contía, de 3.000 a 6.000 no primeiro, e de 6.000 a 12.000, o segundo. Por último, Dignidad tamén multiplica por dous a achega que viña percibindo no ano 2015 que pasa de 1.000 euros a 3000 neste ano 2017.
A proposta, que ven impulsada desde Benestar Social, foi aprobada hoxe no pleno ordinario de fin de mes. O Goberno entende que era unha cuestión de xustiza e equidade incrementar as achegas, que nalgúns casos eran de todo insuficientes, para entidades que traballan activa e intensamente por combater a exclusión social de persoas con menos recursos e mellorar a atención sociosanitaria dos enfermos de Parkinson.
2015 | INCREMENTO | 2017 | |
---|---|---|---|
ASFEDRO | 3.000 | 12.000 | 15.000 euros |
PARKINSON | 6.000 | 6.000 | 12.000 euros |
DIGNIDAD | 1.000 | 2.000 | 3.000 euros |
ALCER | 3.000 | 3.000 | 3.000 euros |
Nova creación
AGAMME | 1.000 euros |
ASOTRAME | 2.000 euros |
Maís información: https://www.facebook.com/ConcellodeFerrol/posts/1495785860517564