
Alcer Coruña desenvolveu o Programa de atención social, asesoramento e intervención II, favorecendo o acompañamento de 225 persoas con enfermidade renal de toda a provincia da Coruña, nos seus procesos de afrontamento, de toma de decisión e de fomento da autonomía persoal, contando con 1 traballadora social e 1 terapeuta ocupacional vencelladas a este programa.
Este proxecto foi posible co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda xestionados desde COGAMI

