PROXECTO CRECE 2015: Unha experiencia en primeira persoa

O Proxecto Crece de Alcer, permite que nenos e nenas con enfermidade renal, de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, pasen unhas máis que merecidas vacacións de verano que, ademais do compoñente lúdico, teñen un carácter educativo, como é o convivir con outras persoas na súa mesma situación, e aprender a adaptarse a unha patoloxía que os acompañará o resto das súas vidas.

Este ano ven de celebrarse en Aviados, un pequeno pobo na provincia de León, entre o 23 e o 30 de xuño. Dende Alcer Coruña, acompañamos a un dos nosos usuarios máis novos, Esteban, quen, á súa volta, quixo contarnos cal foi a súa experiencia.

 

Este rapaz, transplantado dende hai algo máis de dous anos (actualmente ten 13),  o primeiro que nos di é que “foi unha semana moi divertida, que se pasou moi rápido, xa que fixen actividades de todo tipo e coñecín a moitos rapaces e rapazas que viven unha situación parecida á miña”. Asegura que o que máis lle gustou foron as excursións que fixeron: coñeceron Ponferrada, visitaron o Museo de Fauna Salvaxe (parece que quedou con ganas de voltar para visitalo con máis tempo…), pasaron unha calorosa tarde nun lago dos arredores do albergue… Sen esquecer, por suposto, as noites de campamento, nas que os pequenos aproveitan para xogar e falar nas habitacións, mentres os monitores teñen que asegurarse de que a cousa non se desmadre!!

 

Como se pode ver, o Proxecto Crece non deixa de ser un campamento habitual dos centos que se fan no noso país ó largo do verano, aínda que cunhas características un pouco particulares. En palabras do propio Esteban, “aínda que eu no meu día a día xa tomo a medicación sen axuda dos meus pais, sempre aprendes algo, e ves como, por exemplo, a xente vai cambiando a súa medicación ó longo de tempo despois de ser transplantado, algo que eu non sabía”. Tanto monitores como enfermeiros traballan arreo para que todo discorra ben, algo que os propios nenos valoran moi positivamente. 

 

Pero sen dúbida, se houbo unha frase de todas as que nos dixo Esteban que chamaron a nosa atención, foron as seguintes, cando lle preguntamos que diferenzas atopou entre o Proxecto Crece e outros campamentos os que tiña asistido: “O bo deste campamento é que, aínda que teñas que tomar unha pastilla ou que che teñan que poñer unha inxección, ninguén te vai mirar de maneira diferente, porque todos eles tiveron que pasar por unha situación parecida (se están transplantados, en diálise, se estiveron…). Isto fíxome sentir moito máis cómodo, porque todos estamos nunha situación parecida. As persoas que tiñan o catéter o pasaban igual de ben que os que estamos transplantados;  aquí facían as actividades para que xogase todo o mundo, e os enfermeiros e os monitores estaban sempre pendente de nós”

 

Como se pode ver, esta experiencia aportoulle moitísimas cousas positivas a Esteban e ó resto dos seus compañeiros. De feito, non dubida en repetir o ano próximo, e anima a rapaces e rapazas con enfermidade renal en facer o mesmo, pois “neste campamento non te vas sentir diferente a ninguén, todos temos algo en común:  cicatrices, outros marcas, pero ó final todos somos iguais…”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Empregamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Podes obter máis información ou ben coñecer como cambiar a configuración na nosa política de cookies.   
Privacidad