O Servizo de Atención Psicolóxica é un servizo destinado a proporcionar atención psicolóxica a todas aquelas persoas que padezan enfermidade renal ou aos seus familiares. Na actualidade, estase levando a cabo un estudo no cal se pretende determinar o impacto da enfermidade renal no eido emocional e na calidade de vida das persoas diagnosticadas desta doenza, utilizando unha mostra ampla procedente de distintos centros de Galicia.