sio

Servizo de Información e Orientación Social

O Servizo de Información e Orientación (S.I.O.) é o piar da entidade, xa que a través del e dos profesionais e equipo de voluntariado especializado, se proporciona información, orientación e asesoramento (en recursos sociais, en materia laboral, educativa, nutricional, ocupacional e/ou sexolóxica) ás persoas con enfermidade renal e ás súas familias; realizando en cada caso intervencións sociais, actividades de desenvolvemento persoal, mediacións ou derivacións cara a outros servizos da entidade ou orientación cara recursos existentes da contorna das persoas usuarias. Este servizo supón un conxunto de actuacións dirixidas a dar a coñecer á cidadanía os seus dereitos, os recursos existentes, os procedementos a seguir e as alternativas dispoñibles ante unha necesidade social determinada. O servizo centra a súa actuación en catro partes diferenciadas e interrelacionadas entre si, que fan que se atope en pleno proceso de desenvolvemento:

1. Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal Crónica e ós seus familiares, nas tres delagacións da entidade (A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)

2. Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal en Unidades de Hemodiálise, consultas de transplante e de diálise peritoneal, así como en plantas de hospitalización de Nefroloxía dos diferentes centros hospitalarios da provincia.

3. Consulta social na unidade de Enfermidade Renal Crónica Avanzada de Santiago de Compostela dende o ano 2016, que atende a aquelas persoas que se atopan en fases 4 ou 5 da Enfermidade Renal Crónica

Consulta Martes e Mércores de 09:00 a 12:00 horas no Espazo Asociativo do Paciente do CHUS

Empregamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Podes obter máis información ou ben coñecer como cambiar a configuración na nosa política de cookies.   
Privacidad