Gracias á participación de traballadores/as da entidade, coñecidos, membros doutras asociacións (entidades membro de COGAMI), personaxes públicas, voluntarios/as, etc realizando fotografías cos cartaces #doarédoado, puidemos facer posible este mosaico co logo de Alcer Coruña para fomentar a doazón de órganos no Concello de Santiago de Compostela.

Ademáis, tamén estamos a levar a cabo, dende comezos de ano, actividades para fomentar a doazón de órganos en centros de ensino e centros socioculturais da cidade.

Dentro do convenio de colaboración co concello, tamén realizamos unha actividade para a promoción de hábitos de vida saudables e o fomento da autonomía e independencias nas actividades da vida diaria.

#AlcerCoruña #DoaréDoado #ConcellodeSantiago

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *