SIO
7 VIDAS
SAP
ACTIVATE
VOLUNTARIADO

Programa de actividades de sensibilización no eido da doazón e transplante de órganos, así coma de participación social e promoción da saúde renal.

A doazón de órganos é un dos actos máis solidarios que pode facer pola persoas, tanto en vida como despois da morte. Na actualidade contamos en Galicia cunha taxa case 10 puntos por riba de negativas familiares con respecto ao resto do Estado, de aí a necesidade de que a doazón de órganos non sexa unha cuestión unicamente abordada desde os espazos sanitarios senón que forme parte das conversas cotiás.

Grazas a todas estas actividades, Alcer Coruña fixo preto de 30.000 doantes, o que demostra a progresiva transformación da sociedade con respecto á doazón de órganos.

Entre as actividades que levamos a cabo de xeito habitual, podemos destacar as seguintes:

– Informar, concienciar e promover a doazón de órganos entre a mocidade en idade escolar

– Sensibilizar sobre a toma de decisións en vida sobre a doazón de órganos en  espazos de encontro da cidadanía xeral (centros socioculturais, asociacións, espazos municipais …)

–  Visibilizar a doazón de órganos en mesas informativas

– Visibilizar hábitos de vida que promovan a saúde renal e hábitos saudables en xeral, así como ferramentas de apoio e favorecemento da autonomía persoal daquelas persoas que teñan dificultades co desenvolvento das actividades da vida diaria.

Profesional responsable do servizo: Alfredo Saborido (Coordinador e Traballador Social)
Correo-e de contacto: traballosocialalcercoruna@gmail.com
Teléfono de contacto: 670339066

SERVIZO DE TERAPIA OCUPACIONAL PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E FAMILIARES.

Actívate con Alcer é un programa destinado a mellorar a independencia das persoas nas actividades do seu día a día, co fin de permitir a súa participación activa en todas elas.

Obxectivos

  • Asesorar individualmente (a usuarios e familias) en materia de produtos de apoio como ferramentas para a mellora da independencia nas actividades da vida diaria.
  • Executar o reentrenamento funcional individual no aseo, vestido, alimentación, coidado da imaxe persoal, etc. das persoas con enfermidade renal crónica que presenten dificultades nestas áreas.
  • Mellorar a independencia nas actividades instrumentais da vida diaria: toma de medicación, manexo do diñeiro, coidado do fogar, uso do teléfono móbil, uso de dispositivos aumentativos-alternativos (para persoas con dificultades para a comunicación), uso de medios de transporte, realización de compras, etc.
  • Asesorar en accesibilidade universal nos fogares.
  • Realizar rehabilitación funcional en patoloxías concretas que producen limitacións na execución física de actividades como Accidente Cerebrovascular ou a Enfermidade de Parkinson.
  • Asesorar en hixiene postural e/u ergonomía para coidadores/as.
  • Executar actividades significativas para as persoas e con carácter funcional nas unidades de hemodiálise.
  • Mellorar o acceso ao emprego: elaboración de currículums vitae, uso das novas tecnoloxías para a busca de emprego, contacto con entidades da contorna da persoa
  • Fomentar a execución de actividades de ocio e participación social.
  • Participar na atención inter e multidisciplinar mediante a colaboración continuada cos demáis servizos de Alcer Coruña e/ou outros servizos externos.


Profesional responsable do servizo: Jessica Antelo (Terapeuta Ocupacional)
Correo-e de contacto: terapiaocupacionalalcercoruna@gmail.com
Teléfono de contacto: 670343949

Programa de Voluntariado Alcer Coruña

Alcer Coruña tamén fomenta a participación de persoas voluntarias para realizar actividades de:

A. Sensibilización sobre a doazón e transplante de órganos. Deste xeito, pretendemos promover nas persoas unha reflexión e posición individual como donantes de órganos, ademáis de lograr a normalización da doazón como un xesto natural e humano.

B. Formación para obter as competencias necesarias e desenvolver as actividades de voluntariado especializado en promocionar a doazón e o transplante de órganos tanto para os nosos profesionais, como para persoas alleas que teñan interese en adicar unha parte do seu tempo nunha acción solidaria.

Se queres facerte voluntario só tes que cubrir este formulario

Profesional responsable do servizo: Alfredo Saborido (Coordinador e Traballador Social)
Correo-e de contacto: traballosocialalcercoruna@gmail.com
Teléfono de contacto: 670339066

Servizo de Atención Psicolóxica

O Servizo de Atención Psicolóxica é un servizo destinado a proporcionar atención psicolóxica a todas aquelas persoas que padezan enfermidade renal ou aos seus familiares. Este servizo está integrado por tres partes:

  • Atención individualizada: as principais dificultades dos pacientes con ERC que se traballan no SAP son sintomatoloxía tipo ansiosa-depresiva, as dificultades de adaptación a ERC, illamento social, irritabilidade, sentimentos de culpa e inutilidade, problemas de sono, seguimento da dieta, a adherencia ao tratamento…
  • Grupos psicoterapéuticos: para pacientes con enfermidade renal onde se traballará o axuste emocional á enfermidade crónica; ou para familiares onde se abordará o tema da carga do coidador e o manexo de situacións de estrés.
  • Investigación científica: estase levando a cabo un estudo no cal se pretende determinar o impacto emocional e o perfil e grado de afectación da calidade de vida  na poboación de pacientes renais, utilizando unha mostra ampla procedente de distintos centros que permita comparar diversas modalidades de tratamento renal substitutivo, así como definir a contribución das variables psicosociais como factores explicativos da calidade de vida.

Profesional responsable do servizo: Clara Otero (Psicóloga)
Correo-e de contacto: psicoloxiaalcercoruna@gmail.com
Teléfono de contacto: 604022746

Servizo de Información e Orientación Social

O Servizo de Información e Orientación (S.I.O.) é o piar da entidade, xa que a través del e dos profesionais e equipo de voluntariado especializado, se proporciona información, orientación e asesoramento (en recursos sociais, en materia laboral, educativa, nutricional, ocupacional e/ou sexolóxica) ás persoas con enfermidade renal e ás súas familias; realizando en cada caso intervencións sociais, actividades de desenvolvemento persoal, mediacións ou derivacións cara a outros servizos da entidade ou orientación cara recursos existentes da contorna das persoas usuarias. Este servizo supón un conxunto de actuacións dirixidas a dar a coñecer á cidadanía os seus dereitos, os recursos existentes, os procedementos a seguir e as alternativas dispoñibles ante unha necesidade social determinada. O servizo centra a súa actuación en catro partes diferenciadas e interrelacionadas entre si, que fan que se atope en pleno proceso de desenvolvemento:

1. Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal Crónica e ós seus familiares, nas tres delagacións da entidade (A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)

2. Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal en Unidades de Hemodiálise, consultas de transplante e de diálise peritoneal, así como en plantas de hospitalización de Nefroloxía dos diferentes centros hospitalarios da provincia.

3. Consulta social na unidade de Enfermidade Renal Crónica Avanzada de Santiago de Compostela dende o ano 2016, que atende a aquelas persoas que se atopan en fases 4 ou 5 da Enfermidade Renal Crónica

Consulta Martes e Mércores de 09:00 a 12:00 horas no Espazo Asociativo do Paciente do CHUS

Profesional responsable do servizo: Beatriz Antiqueira (Traballadora Social)
Correo-e de contacto: traballosocial2alcercoruna@gmail.com
Teléfono de contacto: 604051293